Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CCD TARAGOÑA PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO II TORNEO SÉNIOR FEMININO DE FÚTBOL 7

O sábado 6 de xuño, as instalacións municipais da Lomba acolleron o II Torneo Sénior Feminino de Fútbol 7 organizado polo CCD Taragoña.
A cita reuniu oito equipos chegados de diferentes puntos de Galicia nunha competición disputada ao longo de toda a xornada, desde primeira hora da mañá ata a tarde, cun formato de fase de grupos e eliminatorias.
O torneo enmarcouse dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario do club rianxeiro, que continúa celebrando medio século de historia apostando tamén polo crecemento e a visibilidade do fútbol feminino.
No plano deportivo, o CCD Taragoña foi quen de aproveitar o factor campo para completar unha gran actuación e alzarse co título de campión desta segunda edición. Pola súa banda, o Unión Campestre asinou tamén un destacado torneo e rematou como subcampión.
Tras o éxito do torneo, o CCD Taragoña continúa coa progrmación do seu 50 aniversario e xa prepara as próximas citas deportivas, que reunirán durante o mes de xuño a decenas de equipos de fútbol base na Lomba.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil