A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, recibiu no Concello á reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras. Esta foi a súa primeira visita oficial ao municipio desde a súa toma de posesión como primeira muller que entra ao cargo da institución educativa nos 531 anos de historia da mesma.
Crujeiras asinou o libro de honra do Concello tanto como reitora como veciña de Ribeira, nun acto simbólico que deu paso a unha visita ao Centro Cultural Lustres Rivas, onde se atopaban os alumnos e alumnas do IV Ciclo da USC, que converteu a Ribeira na súa primeira sede externa.

