A primeira fin de semana de xuño vén acompañada de celebracións na Pobra, concretamente na Ribeiriña-O Conchido. O lugar encherase este sábado de ambiente, música e diversión grazas ao impulso da Asociación de Veciños que por terceiro ano seguido organiza as festas do pobo.

