O campo de Barraña converteuse este sábado no punto de encontro do fútbol local coa celebración do Trofeo Concello de Boiro, unha competición que regresou ao calendario deportivo reunindo a todos os clubs do municipio.
Tras unha intensa xornada de partidos, o título decidiuuse nun emocionante duelo entre o Abanqueiro e o C.D. Boiro. Os laranxas lograron levar o trofeo tras impoñerse por catro goles a tres cun tanto anotado practicamente no último suspiro do encontro.
O conxunto boirense, que contou cun equipo formado en boa parte por xogadores xuvenís, acadou o subcampionato nun torneo marcado pola igualdade e o bo ambiente nas bancadas.
A competición, recuperada este ano polo Concello e as entidades deportivas locais, tamén tivo un marcado carácter solidario, coa recadación das entradas destinada a fins sociais.
O Galicia Bealo completou o podio na terceira posición, mentres que o Sporting Lampón foi cuarto e o Cures quinto. Un regreso exitoso para un torneo que volve unir ao fútbol boirense e que aspira a consolidarse de novo como unha cita fixa no deporte local.

