Dende o Concello de Boiro, a través do equipo de Educación Viaria da Policía Local, celébrase a MARCHA CICLISTA ESCOLAR “CONCELLO DE BOIRO”, o venres 21 de Abril co fin de promover o uso da bicicleta, no ámbito escolar e familiar como un medio de transporte sostible.
Ademais de fomentar o uso da bicicleta e o deporte, preténdese inculcar os rapaces unha boa conducción en bicicleta aplicando os principios e normas da seguridade viaria, para que se inicien neste deporte de forma segura e divertida.