Icono del sitio CanalBarbanza.com

O NOIA PORTUS APOSTOLI XUVENIL VOLVEU FACER HISTORIA

O Agustín Mourís viviu esta fin de semana unha tarde para o recordo. O Noia Portus Apostoli xuvenil dependía de si mesmo para revalidar o título ligueiro e non fallou diante da súa afección.
Os de Pablo Cardoso venceron ao Redondela por 5-1 nun partido no que dominaron desde o inicio. André abriu o marcador cun golazo pola escuadra no minuto oito, aínda que o conxunto visitante conseguiu empatar pouco despois nunha contra.
Antes do descanso, Danito devolveu a vantaxe aos locais tras unha boa xogada colectiva e deixou o encontro encarrilado.
Na segunda metade, Oliver Chenel ampliou diferenzas cun remate de cabeza tras unha asistencia de Xavi Souto, e César anotou o cuarto no segundo pau para achegar aínda máis o título ao Portus Apostoli.
Co Redondela apostando polo porteiro-xogador nos últimos minutos, César aproveitou para marcar desde a súa propia pista e pechar a goleada definitiva que definiría un novo éxito histórico.
O equipo xa pensa agora no Campionato de España, onde disputará os oitavos de final o próximo fin de semana diante da súa afección fronte ao ElPozo Murcia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil