Icono del sitio CanalBarbanza.com

BOIRO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE COMBATE E O CAMPIONATO GALEGO DE EXHIBICIÓN DE HAPKIDO

Boiro converterase esta fin de semana nun referente do taekwondo galego coa celebración do Campionato Galego Escolar de Combate e do Campionato Galego de Exhibición de Hapkido, dous eventos que reunirán arredor de 500 deportistas no municipio boirense.
O evento desenvolverase os días 30 e 31 de maio no Pavillón de Barraña e está organizado polo club Malamia coa colaboración do Concello de Boiro e da Federación Galega de Taekwondo.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil