A temporada de baloncesto afronta o seu final e aínda pode deixar algunhas alegrías na comarca. O CB Noia Clínica Juanatey xógase esta fin de semana o seu ascenso á Primeira División Galega júnior masculina. Os amarelos buscarán conseguir este fito o domingo, data sinalada no calendario, xa que se medirán ao Seis do Nadal no pavillón coruñés de Agra II.
O NOIA JÚNIOR BUSCA O ASCENSO Á PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA MASCULINA ANTE O SEIS DO NADAL


