Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA RECLAMA AO ESTADO QUE ASUMA A INCORPORACIÓN DE AUXILIARES DE CONVERSA AO ENSINO O PRÓXIMO CURSO

O Executivo galego vén de ofrecerse a ceder ao Goberno do Estado os 4,8 millóns de euros de fondos autonómicos adicados ao programa de auxiliares de conversa para que sexa o Ministerio de Educación o que se encargue directamente da súa incorporación o vindeiro curso. Así o sinalou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, logo de comunicarllo á ministra Milagros Tolón a través dunha carta. Rodríguez apuntou que é a única saída que lle queda á Xunta para blindar este programa sen enfrontarse a multas millonarias interpostas a outras comunidades por parte do Ministerio de Traballo.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil