O Teatro Cine Elma acolleu na tarde de onte un acto para recoñecer e homenaxear ás relixiosas que durante 40 anos ensinaron a ler, escribir e axudaron aos demais. Trátase dun agradecemento ao labor que desenvolveron no Divino Mestro da Pobra, centro de educación infantil que a congregación de misioneiras desta orde xestionou no municipio dende o 1979 e que máis tarde ampliou cun instituto de formación profesional. As relixiosas traballaron como profesoras, impulsaron a conciliación e ofreceron o servizo de comedor cando aínda non existía. Ensinar a ler e escribir eran dous dos seus principais obxectivos e onde a trintena de relixiosas que realizaron esta labor durante moitos anos na Pobra foron recoñecidas.
A POBRA HOMENAXEOU E AGRADECEU O LABOR DAS RELIXIOSAS DO DIVINO MAESTRO NO ÁMBITO EDUCATIVO DURANTE MÁIS DE 40 ANOS


