Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS CADETES DO CABO DA CRUZ FIXERON HISTORIA EN CASTRO URDIALES AO PROCLAMARSE CAMPIOAS DE ESPAÑA DE TRAIÑEIRIÑAS

As augas de Castro Urdiales convertéronse esta fin de semana no escenario do Campionato de España de Traiñeiriñas, unha cita na que o remo do Barbanza volveu demostrar o seu gran nivel competitivo.
O gran triunfo chegou da man das cadetes femininas do Cabo da Cruz. As remeiras boirenses dominaron a regata e cruzaron a liña de meta en primeira posición, levando a bandeira nacional cun tempo de pouco máis de sete minutos.
Tamén destacou o papel das deportistas do Puebla, que remataron nun meritorio cuarto posto na mesma categoría.
Outra das alegrías para a expedición barbanzá chegou na categoría xuvenil masculina, onde o Cabo da Cruz conseguiu subir ao podio cunha segunda posición, só por detrás do Astillero.
E no que respecta á final B disputada o domingo, as boirenses finalizaron segundas, acadando o sexto posto na clasificación xeral, mentres que as pobrenses foron cuartas, rematando oitavas de España.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil