Seguen as concentracións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Esta mañá, decenas de veciños volveron a reunirse nos centros de saúde de Aguiño e da Pobra do Caramiñal por problemáticas que veñen arrastrando dende hai meses.
Dende Aguiño, concentráronse fronte ao centro de saúde para demandar a cobertura do cen por cento das prazas dos facultativos. Dende a plataforma aseguran que a pesar dos esforzos desta última tempada, non ven melloras na situación, senón todo o contrario.
NOVAS CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE SAÚDE DE AGUIÑO E DA POBRA


