Icono del sitio CanalBarbanza.com

CONTA ATRÁS PARA A PAU 2026 EN GALICIA

A pouco máis dunha semana da PAU, bibliotecas cheas, apuntes subliñados e moitas horas de estudo marcan o día a día dos estudantes galegos.
Este ano, a convocatoria ordinaria celebrarase os días 2, 3 e 4 de xuño. Unha proba decisiva para o acceso á universidade, na que a nota de bacharelato xa conta un 60% da cualificación final.
Nos centros educativos, o ritmo acelérase aínda máis nesta recta final. No IES Praia Barraña de Boiro, reorganizaron horarios e profesorado para facilitar sesións informativas por materias. A directora do Centro explica que o obxectivo é facer máis accesible a preparación nestes últimos días.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil