Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña inicia un circuíto co proxecto audiovisual “Vida”

A obra de ficción Vida e o documental Máis ca Vida compoñen un pioneiro proxecto audiovisual impulsado polo actor e director Rubén Riós e a súa produtora Claqueta Coqueta que a Deputación da Coruña difundirá en cinco concellos co fin de contribuír á sensibilización coas persoas con diversidade funcional e promover a súa integración social.

O concello de Ribeira o vindeiro 21 de abril iniciará o circuíto promovido pola área de Cultura coa colaboración da de Servizos Sociais da Deputación da Coruña polo que os dous filmes poderán verse tamén en Vedra, Padrón, Boqueixón e Sada. En cada unha das proxeccións intervirán o director, Rubén Riós e parte do equipo artístico, en especial, as protagonistas con diversidade funcional. “Consideramos de grande interese que este filme chegue ao público e queremos, con este apoio, conseguir eliminar parte das barreiras que tamén existen para que obras como estas podan ser distribuídas e cheguen á maior xente posible”, explicou Goretti Sanmartín.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.