Icono del sitio CanalBarbanza.com

ALFONSO RUEDA DESTACA O PAPEL DA EMPRESA FAMILIAR NA ECONOMÍA GALEGA

Rueda destacou que máis do 90% das empresas galegas teñen base familiar, representan o 86% do PIB autonómico e xeran 600.000 postos de traballo. Estas compañías non só impulsan o crecemento económico, senón que tamén transmiten valores como a confianza, a estabilidade, a prudencia e a cultura do esforzo, que identifican ao pobo galego.
O presidente subliñou a importancia do diálogo social e a colaboración público-privada para afrontar retos como o absentismo laboral, a cobertura de vacantes, a formación para o emprego máis flexible ou o relevo xeracional.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil