Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA DESTACOU O INCREMENTO DAS AXUDAS PARA MELLORAR A ESTÉTICA EXTERIOR DE VIVENDAS PARTICULARES

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o Concello de Rianxo xunto ao director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Luis de Salvador, para supervisar dúas actuacións realizadas por particulares grazas ás axudas do programa de ‘fermosismo’.
Unha das intervencións consistiu na restauración do revestimento dunha fachada e outra na recuperación do revestimento dun muro de peche, ambas cunha achega próxima aos 3.000 euros.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil