O goberno autonómico quere facer fronte á escaseza de solo residencial en cidades como Ourense cunha fórmula innovadora: mercar baixos e entreplantas infrautilizados para transformalos en vivendas públicas. Recibíronse ofertas de 26 locais para crear un máximo de 32 vivendas de alugueiro accesible permanente. Esta estratexia mobilizará dous millóns de euros co obxectivo de revitalizar comercial e socialmente as áreas urbanas degradadas.
O CONSELLO DA XUNTA IMPULSA INVESTIMENTOS EN VIVENDA, MARISQUEO, SANIDADE E TECNOLOXÍA


