Vigo acolleu o acto de entrega das Medallas Anfaco 2026, no que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o liderado da cadea mar-industria galega. Rueda subliñou que se trata dun sector potente, innovador e que leva o selo “Galicia Calidade” por todo o mundo.
O titular do Executivo autonómico resaltou que Galicia produce máis da metade dos produtos pesqueiros do país e que o sector xerará este ano 50.000 empregos. Unha actividade que realza a importancia económica e histórica que ten para a comunidade.
ALFONSO RUEDA ENTREGA AS MEDALLAS ANFACO 2026 AO SECTOR MAR-INDUSTRIA EN VIGO


