Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS PREMIOS PEL DA DEPUTACIÓN DE CORUÑA BATEN RÉCORD DE PARTICIPACIÓN

A oitava edición dos Premios PEL consolídase como a de maior participación desde a creación destes galardóns impulsados pola Deputación da Coruña.
O certame pechou o prazo de presentación con 145 candidaturas, unha cifra que confirma o peso destes premios no recoñecemento ao emprendemento, á innovación e ao desenvolvemento económico da provincia.
As empresas participantes competirán en catro categorías: mellor iniciativa emprendedora, mellor traxectoria empresarial, territorio sostible e proposta empresarial singular.
A Deputación destinará un total de 80.000 euros aos premios, cunha dotación xeral de 20.000 euros para cada categoría, aínda que as bases tamén contemplan a posibilidade de conceder accésits.
Os nomes das iniciativas premiadas daranse a coñecer o vindeiro 19 de xuño nunha gala que se celebrará na Coruña Estudo Inmersivo, na Cidade das TIC da Coruña.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil