Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO DE LOUSAME INCORPORA AO SEU PATRIMONIO CULTURAL PARTE DA OBRA DO ARTISTA JOSÉ LUÍS VEIRAS MANTEIGA

O Concello de Lousame acolleu esta mañá a sinatura do convenio de cesión de parte da obra de José Luís Veiras Manteiga ao municipio. Trátanse dun total de 60 obras gráficas realizadas sobre papel entre os anos 1971 e 2025, con técnicas moi diversas como acuarela, tinta chinesa, acrílico.
Durante o acto, o alcalde, Esteban Ares, destacou a importancia desta doazón para o patrimonio cultural local e agradeceu a xenerosidade do artista, nomeado fillo adoptivo do concello o pasado ano.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil