Icono del sitio CanalBarbanza.com

POLÉMICA NO SECTOR DO BOCARTE TRAS COÑECERSE O REPARTO OFICIAL DAS COTAS.

O Ministerio de Pesca publicou estes días a orde coa distribución da cota do bocarte entre Fisterra e o Miño, despois de conseguir 400 toneladas adicionais nun intercambio con Portugal.
Pero no sector lembran que a pesqueira nunca chegou realmente a pechar e que os barcos xa estaban traballando no mar.
O principal desacordo céntrase no reparto das cotas. O 90% queda nas mans das asociacións de produtores, mentres o 10% restante vai para a chamada bolsa común das confrarías.
Dende parte do sector consideran que esa porcentaxe debe reservarse exclusivamente para embarcacións sen cotas individuais e alertan de que se están incorporando barcos que xa teñen dereitos propios de pesca.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil