Icono del sitio CanalBarbanza.com

O NÁUTICO DE PORTOSÍN PECHA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ILCA MÁSTER CON DOMINIO DE DORESTE E MARTÍNEZ

Portosín converteuse esta fin de semana no centro da vela máster estatal coa celebración do Campionato de España de ILCA.
Máis de 60 regatistas participaron nunha competición condicionada polo vento nas primeiras xornadas, pero que puido completar catro mangas grazas ás boas condicións do domingo na ría de Muros e Noia.
O gran protagonista foi José Luís Doreste. O regatista canario, de 69 anos, dominou con autoridade a categoría ILCA 7, sumando catro primeiros postos e demostrando un extraordinario estado de forma.
Na clase ILCA 6, o murciano Carlos Martínez Marcos mostrouse tamén imparable, con tresw vitorias parciais e un terceiro posto, proclamándose campión da categoría.
Entre os deportistas galegos destacou Lucas Lorenzo, do Monte Real Club de Yates de Baiona, premiado en Apprentince Máster; e tamén a viguesa Marina Couñago, do Real Club Náutico de Vigo, vencedora en Máster Feminino.
A entrega de premios celebrouse no Real Club Náutico de Portosín coa presenza de representantes da Xunta, do Concello de Porto do Son e da Federación Galega de Vela.

Salir de la versión móvil