Icono del sitio CanalBarbanza.com

CABO DE CRUZ PROCLAMOUSE VENCEDOR DA CLASIFICACIÓN XERAL DA PRIMEIRA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRIÑAS.

O Barbanza foi escenario este sábado e domingo da primeira Liga Galega Xunta de Galicia de Taiñeiriñas. A competición concluíu cun novo éxito para Cabo de Cruz, que se levou a vitoria na clasificación xeral tras sumar 241 puntos, por diante de Chapela e Tirán.
A última regata, disputada en augas de Boiro, non puido completarse debido ao empeoramento das condicións do mar. A organización decidiu suspender a proba despois das tres primeiras mangas da categoría absoluta.
Na clasificación por categorías tamén houbo protagonismo barbanzán. Cabo da Cruz dominou o apartado xuvenil, logrando a vitoria tanto na categoría feminina como masculina. No feminino, superou a Vila de Cangas e Puebla; e no masculino, a Tirán e Mecos.
Na categoría absoluta feminina venceu Tirán, seguida de Amegrove e Cabo. Mentres, no absoluto masculino, o triunfo foi para Samertolomeu, con Chapela e Ares completando o podio
En categorías cadetes, Samertolomeu levou o triunfo feminino por diante de Puebla e Club Remo Boiro, mentres que Mecos foi o mellor no masculino.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil