A sede da Fundación Paideia na Esclavitude acolleu na tarde de onte o peche da segunda edición de Territorio Emprende. Trátase dun encontro aberto ao público no que se deron cita as artes escénicas, a música e espazos de conversa. Neles se afondou nos resultados de seis meses de traballo colaborativo arredor dos retos do rural galego.
FIN Á SEGUNDA EDICIÓN DE TERRITORIO EMPRENDE, DA FUNDACIÓN PAIDEIA


