O Concello de Boiro presentou esta mañá as dúas competicións de remo que se van a celebrar esta fin de semana no peirao de Cabo de Cruz.
A primeira das citas será este sábado a partir das 16:30h coa disputa da sexta Bandeira Veterana feminina We Sea e da cuarta Bandeira Veterana masculia We Sea. Unha competición que reunirá numerosas tripulacións veteranas nun ambiente marcado polo compañeirismo e o traballo en equipo.
O PEIRAO DE CABO DE CRUZ ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA DÚAS IMPORTANTES CITAS CO REMO GALEGO


