O Auditorio Municipal de Ribeira reuniu corredores, clubs deportivos, asociacións e representantes institucionais nunha gala dedicada ao deporte popular e á promoción dos hábitos de vida saudables.
Durante o acto entregáronse os trofeos ás gañadoras e gañadores das distintas categorías do circuíto “Catro Carreiras, Unha Meta”, unha iniciativa que percorre diferentes municipios do Barbanza Arousa e que cada ano suma máis participación.
RIBEIRA ACOLLE A GALA DO DEPORTE BARBANZA AROUSA E ENTREGA OS PREMIOS DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS


