O Pleno Celebrado En Ribeira Non Tivo Controversias

A conxelación de taxas e impostos municipais e a inclusión de novas bonificacións permitirán que os cidadáns de Riveira soporten en 2015 unha menor presión impositiva.

Estas novas medidas tributarias, introducidas polo Executivo Local tras varios anos de aplicación dun plan de axuste que constreñía a posibilidade de aliviar a carga fiscal, serán tratadas na sesión ordinaria do pleno do vindeiro luns, cuxo tramo inicial posúe un marcado carácter económico.

Así, en primeiro lugar hai que salientar como punto tres da orde do día a aprobación dunha nova Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección dos Tributos e doutros Ingresos de Dereito Público que vén a substituír á agora vixente, que data do ano 1986. O PP aprobou esta orde mentres que o resto dos partidos se abstiveron.
No punto nove a do grupo mixto prtesentada por rosa garcía en relacion á posta en practica o acordo plenariode facer un museo na casa da sirea en corrubedo foi aprobada por unanimidade acordando que o concello se dirixa ao ministro de fomento para que este asuma a xestion dos inmobles.

Entre as novidades introducidas por esta nova ordenanza, cómpre destacar o Sistema Especial de Pago, recollido no artigo 16. Conforme á nova regulación, os cidadáns que así o soliciten poderán pagar de forma fraccionada e mediante domiciliación bancarias o Imposto de Bens Inmobles (IBI, comunmente coñecido como contribución) e o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM ou rodaxe), sen que lles sexa esixible o pago de xutos de mora nin a prestación de garantías.

http://youtu.be/iwRXUMye1Zg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.