A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no portal educativo a orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (http://www.edu.xunta.gal/portal/oposicions2017 ). Deste xeito, a Xunta cumpre co compromiso de convocar as oposicións en prazo – a convocatoria do pasado ano 2016 foi publicada no DOG o 19 de abril – e coa debida seguridade xurídica para os aspirantes. Nos próximos días a convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta Consellería que se anunciarán coa debida antelación a través dos seguintes enderezos electrónicos: http://www.edu.xunta.es/portal e http://www.edu.xunta.es/oposicions.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O día 18 de abril abre o prazo para inscribirse nas oposicións de Educación
Please login to join discussion