Esta mañá déronse a coñecer os datos do paro de abril e Galicia firmou números de récord. O mes pechou e deixou 1.103.820 persoas no paro, 3.252 menos que no mesmo mes do 2025. A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, apuntou que as cifras de afiliacións e paro son as mellores para un mes de abril dende que hai rexistros.
GALICIA REXISTRA O MELLOR ABRIL DA SERIE HISTÓRICA EN AFILIACIÓNS E PARO


