O pazo do Hórreo acolleu esta mañá unha nova sesión de control ao Goberno de Galicia. A oposición centrou o debate en dúas cuestións: a moción de censura que se debaterá o xoves e a situación da atención primaria. O primeiro en intervir foi o portavoz do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. Afirmou que a Xunta non está a ser imparcial á hora de dotar de investimentos aos concellos, facendo repartos desiguais segundo quen goberne nos municipios. Apuntou que os populares só se priorizan a eles mesmos, algo que se está a ver en Lugo.
A MOCIÓN DE LUGO E A ATENCIÓN PRIMARIA PROTAGONIZARON A SESIÓN DE CONTROL AO GOBERNO GALEGO


