Icono del sitio CanalBarbanza.com

ENCONTROS INTENSOS NA TERCEIRA FEDERACIÓN

En Barraña, o Boiro levou a cabo un partido decisivo ante o Montañeros CF. Os locais impuxéronse por 3-1 nun encontro intenso dende o primeiro minuto.
Landeira abriu o marcador tras unha boa recuperación, e conseguirono manter ata o pitido que indicaba que a primeira parte do xogo se daba por rematada. Tras a volta do descanso, os visitantes lograron equilibrar a balanza cun gol de Jose Balsa, pero Adri Castro e Juanma certificaron unha vitoria que permite aos boirenses seguir soñando co ascenso.
Con este triunfo, o Boiro suma 50 puntos e sitúase sexto, empatado cos postos de playoff, polo que todo queda aberto para a última xornada.
Moi distinta é a situación do Noia. O conxunto branco, practicamente descendido, visitaba ao Silva SD coa intención de competir ata o final, pero acabou caendo por un contundente 5-2. Os noieses chegaron ao descanso por detrás no marcador e, malia lograr empatar momentaneamente na segunda parte, non puideron frar o empuxe dun rival necesitado de puntos.
O equipo que adestra Luis Bonilla queda con 25 puntos e afronta as últimas xornadas co obxectivo de rematar a tempada coa maior dignidade posible.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil