A Malata foi o escenario onde Parrulo Ferrol e Noia Portus Apostoli se viron as caras na vixésimo oitava xornada da Primeira División de Fútbol Sala. E o derbi galego deixou un encontro de gran nivel no que os dous equipos despregaron un xogo que fixo desfrutar á grada. Finalmente houbo reparto de puntos, algo que o adestrador noiés, David Palmas, definiu de xusto.
EMPATE DO PORTUS APOSTOLI NO DERBI GALEGO CO PARRULO


