Icono del sitio CanalBarbanza.com

FALECE GABI BEN MODO, MITO DO BALONMÁN GALEGO E DO TEUCRO

Gabi Ben Modo foi un dos piares do Teucro na súa mellor época na liga Asobal. Formado nas categorías inferiores do club pontevedrés, consolidouse no primeiro equipo como un pivote ofensivo destacado, recoñecido pola súa creatividade e visión de xogo.
Nos anos 90 formou parte dunha xeración que levou ao Teucro a competir a alto nivel, chegando incluso a disputar na competición europea na tempada 95-96, na Copa EHF.
Ao longo da súa traxectoria deportiva militou en cinco equipos do Asobal. Tras unha primeira retirada, regresou ás pistas no ano 2002, demostrando de novo o seu compromiso co deporte. Xa en Ribeira, tamén desenvolveu a súa carreira como xogador no Congalsa Vidal-Armadores e máis tarde como adestrador do Congalsa Balonmán Ribeira.
Nos últimos anos, certos motivos laborais levárono a residir fóra de España ata o seu regreso recente. A enfermidade que padecía acabou por debilitar a súa saúde, provocando o seu falecemento.
O mundo do balonmán galego despide así a un xogador inesquecible e a unha figura clave na historia recente do Teucro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil