O Hotel Monumento San Francisco será o escenario este xoves da gala de entrega dos Premios Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica 2026.
Nesta décimo cuarta edición, o Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica, dotado con 30.000 euros, será para o doutor Emilio Alba Conejo. Pola súa banda, o galardón a Talentos Emerxentes, que incrementa a súa contía ata os 15.000 euros, recaerá na doutora Patricia Altea Manzano.
O acto estará presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado por autoridades como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o presidente do xurado, Rafael López, e o impulsor destes premios, Ramiro Carregal.
Entre os asistentes tamén se agarda a presenza de representantes institucionais, académicos e sanitarios de toda Galicia, nun acto aberto ao público que comezará ás 19:30h.
Unha cita que recoñece a excelencia científica e sitúa a investigación oncolóxica galega no primeiro nivel internacional.
SANTIAGO ENTREGA OS PREMIOS RAMIRO CARREGAL DE INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA AOS DOUTORES EMILIO ALBA E PATRICIA ALTEA


