A protesta continúa no Hospital do Barbanza, onde integrantes da plataforma cidadá permanecen dende hai cinco días. Denuncian unha situación que, aseguran, non é puntual, senón resultado de anos de falta de resposta por parte da administración sanitaria.
Segundo explican, levan máis de dous anos solicitando unha reunión co xerente da área sanitaria e coa dirección do hospital, sen éxito.
A PLATAFORMA POLA SANIDADE PÚBLICA CUMPRE CINCO NOITES PECHADA NO HOSPITAL PARA DENUNCIAR AS LISTAS DE ESPERA


