O Bloque Nacionalista Galego reuniuse coa veciñanza de Rianxo dentro da campaña “Co BNG, Galiza gaña” para facer balance do seu labor en Madrid.
Durante o acto, Néstor Rego Cadamil destacou medidas como a suba das pensións mínimas por riba do IPC ou a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade, avances que, segundo afirmou, foron impulsados pola formación nacionalista.
O BNG REIVINDICA O SEU PAPEL CLAVE NA DEFENSA DO SECTOR DO MAR E DOS DEREITOS SOCIAIS


