O Pazo de Mariñán acolleu o acto de despedida das Residencias Artísticas Mariñán 2026, unha edición que bate récord de participación con quince proxectos seleccionados.
Durante o encontro, Natividade González destacou que estas residencias son xa unha referencia no país e reafirmou o compromiso da Deputación para seguir fortalecendo o programa.
As persoas participantes puxeron en valor o tempo, a convivencia e a liberdade creativa como claves dun proceso que lles permitiu investigar, experimentar e desenvolver os seus proxectos sen presión.
Nesta edición participaron creadoras e creadores de ámbitos como a música, a literatura, o pensamento ou os contidos dixitais, ampliando así o alcance dunha iniciativa que continúa medrando ano tras ano.
Tamén se destacou o papel das persoas comisarias, que acompañaron os procesos creativos e contribuíron a tecer redes entre artistas de distintas disciplinas.
As Residencias Artísticas Mariñán péchanse cun balance moi positivo e co obxectivo de seguir medrando como espazo clave para a creación contemporánea en Galicia.

