150 nenos e nenas participaron o sábado no día da árbore no parque de San Roque

O bo tempo acompañou á celebración do Día da Árbore en Ribeira, mais dun cento de escolares achegáronse ata o Parque Periurbano de San Roque onde entraron en contacto directo coa natureza.
Procedentes da escola infantil municipal, a gardería Barbanziños e a ludoteca Xardín Ventureiro, os cativos plantaron pequenos piñeiros coa axuda dos seus pais e nais, mentres os profesores plantaron en común unha árbore de sombra de maior envergadura. O acto finalizou cun contacontos.

https://www.youtube.com/watch?v=rF95SK49uFg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.