Icono del sitio CanalBarbanza.com

EN LUGO, A MOCIÓN DE CENSURA CONVERTIUSE EN REALIDADE

A moción de censura xa é unha realidade no Concello de Lugo. Os 12 concelleiros do Partido Popular e a edil non adscrita suman os 13 apoios necesarios para desbancar o poder ao bipartito PSOE e BNG.
A decisión chega tras días de intensa presión política e rumores na cidade, que finalmente se confirmaron co rexistro oficial da iniciativa. De prosperar, sería a primeira moción de censura na historia recente democrática do Concello de lugo.
A operación política prodúcese nun contexto especialmente delicado para o actual goberno, marcado por baixas recentes e cambios na corporación, algo que denunciou a portavoz do BNG, Ana Pontón.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil