Icono del sitio CanalBarbanza.com

EMPREGO, SALARIOS E SINISTRALIDADE CENTRAN A SESIÓN DE CONTROL NO PARLAMENTO

O pazo do Hórreo abriu as portas esta mañá para acoller unha nova sesión de control ao Goberno de Galicia. O primeiro en intervir foi o portavoz do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. O socialista lanzou a súa primeira pregunta nada máis arrancar, está Galicia entre as economías máis dinámicas de España? Lamentou que na comunidade a clase traballadora é a máis prexudicada, ademais das familias, xa que apuntou que os salarios son dos máis baixos do Estado, o que non axuda ante o aumento do custe da vida.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil