Esta semana arrancou unha nova concentración na comarca impulsada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. O complexo hospitalario é o punto onde se iniciaron estas novas protestas que teñen unha finalidade clara: conseguir unha reunión co xerente da área sanitaria, Ángel Facio, e co director do hospital, Hugo Pérez, para abordar a situación das listas de agarda. Petición que se realizou por primeira vez no 2023.
SEMANA DE CONCENTRACIÓNS ÁS PORTAS DO HOSPITAL DA BARBANZA POLAS LISTAS DE ESPERA


