Icono del sitio CanalBarbanza.com

GOLPE AO NARCOTRÁFICO NA COMARCA DO BARBANZA

A operación, denominada ZAGUANES II, permitiu desactivar tres focos de distribución de droga ao miúdo na comarca do Barbanza. Estos servizos estaban orientados a reducir os índices de consumo e delincuencia en dita comarca.
As actuacións comezaron a mediados de marzo cunha inspección nun local de hostalería en Taragoña, onde foi detido un home con varias doses de cocaína e máis de mil euros en efectivo. Nese mesmo operativo, os responsables do establecemento foron arrestados por tenza ilícita de armas tras atopar unha pistola.
Nos días seguintes producíronse novas detencións relacionadas con roubos con forza e tráfico de drogas, incluída a intervención de máis de cen doses de heroína en Boiro. Xa en abril, a Garda Civil continuou coa operación ata culminar o 8 de abril cun rexistro clave no que se incautaron máis de 300 doses de cocaína e heroína, ademais de diñeiro en efectivo.
O operativo rematou o 14 de abril coa desarticulación dun terceiro punto de venda en Rianxo, tras detectar un intenso movemento de consumidores nun edificio residencial.
En total, foron detidas sete persoas por delitos de tráfico de drogas, tenza ilícita de armas e delitos contra o patrimonio. Con esta operación, a Garda Civil dá por desmantelados tres puntos activos de venda de droga no Barbanza, nun novo paso para frear o consumo e a delincuencia asociada na comarca.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil