O Museo do Gravado de Artes acolle dúas importantes exposicións á Estampa Dixital de dous catedráticos da Universidade de Salamanca, José Fuentes e Florencio Maíllo.
A primeira das salas acolle a mostra de José Fuentes, Concertinas 2016, composta de 15 estampas dixitais froito de un ano e medio de traballo, que relatan unha crítica a unha sociedade opulenta, rodeada de vallas.
Na sala 1, exponse Hortus Conclusus, obra de Florencio Maíllo, unha Serigrafía de cen pezas, froito de 3 anos de traballo e inspirada en “El jardin de las delicias”, de El bosco. A obra está vinculada ás emigracións, as guerras e os cambios climáticos, dando conta da importancia de conservar a memoria do pasado.
https://www.youtube.com/watch?v=IHohG7K1anc