O armador dun cerqueiro con base en Portosín, o ‘Romina II’ denuncia ante a Garda Civil a negativa da confraría de Pasaxes a que descargue o seu peixe na lonxa desta localidade.
Sen mais explicacións que pertencer a unha lista negra, xunto a outros 5 barcos, a tripulación do cerqueiro Romina II viuse obrigada a desprazarse ata Ondarroa para poder amarrar a porto, vender o peixe na lonxa e servirse de caixas, auga e xeo. A embarcación galega, pertence a Acerga, o presidente desta asociación afirma que en canto se dispoña da acta deste incidente se tomarán as medidas oportunas.
Impiden a descarga de peixe a un cerqueiro de Portosín no porto de Pasaxes
Please login to join discussion