O Concello da Pobra do Caramiñal presentou o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa que busca poñer en valor o legado dunha das figuras máis destacadas da historia local.
A programación está impulsada pola Concellería de Cultura en colaboración co Museo Valle-Inclán, onde se conserva boa parte do fondo documental do autor.

