Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CULTURA GALEGA VÍSTESE DE GALA NA CORUÑA.

A Coruña convértese este xoves no epicentro da creación cultural galega coa celebración da quinta Gala da Cultura da Deputación.
O Teatro Colón abrirá as súas portas 19:00h para acoller unha cerimonia na que se entregarán un total de dezanove galardóns, correspondentes ás convocatorias culturais do pasado ano.
Nesta edición, como novidade, incorpóranse os premios audiovisuais e de deseño, ampliando así o recoñecemento a novos ámbitos creativos.
Durante o acto, subirán ao escenario creadoras e creadores de diferentes disciplinas: desde literatura e ensaio ata fotografía, banda deseñada, música ou cinema, nunha mostra do amplo talento cultural da provincia.
A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que esta gala serve para poñer en valor o traballo de persoas e proxectos que enriquecen a cultura galega desde ámbitos moi diversos.
Unha cita imprescindible para o sector cultural galego e tamén para o público que queira coñecer de preto o talento do país.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil