A EFM Concello de Boiro chegaba a Beade consciente da dificultade do encontro ante un rival que pelexa polos primeiros postos.
O partido complicouse moi cedo. As locais impuxeron o seu ritmo e aproveitaron os momentos de menor intensidade das boirenses para abrir fenda no marcador. Ao descanso, o resultado xa era de 4-0.
Tras o paso polos vestiarios, o conxunto barbanzán reaccionou. Mellorou a súa presenza ofensiva e comezou a achegarse con perigo á área rival, ofrecendo unha imaxe máis competitiva.
O gol da honra chegou na recta final, obra de Oukaal, pero a alegría durou pouco. O Lóstrego respondeu axiña cun novo tanto, pechando o encontro co definitivo cinco a un.
A EFM Concello de Boiro xa pensa no seu vindeiro compromiso, no que buscará resarcirse fronte ao Bergantiños.
A EFM CONCELLO DE BOIRO NON PUIDO SUMAR NO SEU DESPRAZAMENTO A BEADE E ENCAIXOU UNHA DURA DERROTA FRONTE AO LÓSTREGO.


