O Concello de Lousame está a traballar sen descanso para que Zernadas de Castro sexa o autor homenaxeado nas Letras Galegas do vindeiro ano. O local social de Camboño acolleu recentemente a primeira sesión da presentación do proxecto Zernadas’27 para que no 250 aniversario do pasamento do Cura de Fruíme se conmemore e recorde o seu traballo en prol do galego.
LOUSAME LEVARÁ A TODAS AS PARROQUIAS A CAMPAÑA DE APOIO A ZERNADAS DE CASTRO PARA AS LETRAS GALEGAS DO 2027


