O marisqueo na ría de Arousa leva anos en caída e este ano a súa crise fíxose máis grande logo do tren de borrascas que deixou unha alta mortaldade do bivalvo nos bancos marisqueiros. Esta mañá desenvolveuse no Parlamento de Galicia a Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo onde a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Suárez, destacou a rápida e contundente resposta da Consellería do Mar ante esta situación.
MAR DEFENDE NO PARLAMENTO O PLAN DE 22,7 MILLÓNS PARA RECUPERAR OS BANCOS MARISQUEIROS


