A Terceira Federación Feminina non se disputa dende hai case tres semanas e tras este último parón da competición regresa a liga para disputar as derradeiras tres xornadas. A EFM Concello de Boiro regresa ao verde para medirse nesta ocasión ao Lóstrego a domicilio. As boirenses afrontan o tramo final da campaña coa tranquilidade de ter pechada a permanencia hai xa varias xornadas e co obxectivo de desfrutar sobre o verde e de sumar os máximos puntos posibles.
REGRESA A TERCEIRA FEDERACIÓN FEMININA E A EFM CONCELLO DE BOIRO DESPRÁZASE ATA VIGO PARA MEDIRSE AO LÓSTREGO


